Optional sidebar menu
Social media
Contact information
Address

5th Avenue, New York - United States

Email

hello@webpixels.ro

Phone

+10 724 1234 567

Desenvolvemento de aplicacións

APPs móbiles / Aplicacións web / Aplicacións de escritorio
/ Servizos de información / Backoffices / Extensións

APPs móbiles

Necesitas un desenvolvemento a móbil? Tes un proxecto de app en mente? En ALIA temos experiencia en desenvolvementos de aplicacións adaptadas aos sistemas operativos móbiles máis comúns como Android ou IOs.

Aplicacións Web

Desenvolver aplicacións cuxa interface sexa accesible a través de web permite interoperabilidade e acceso multiplataforma. Noso equipo web desenvolve aplicacións baseadas nas últimas tecnoloxías.

Aplicacións de escritorio

Se o que buscas é un desenvolvemento standalone, estás de sorte!. Manexamos as tecnoloxías necesarias para desenvolver a túa aplicación de escritorio, facéndoa portable e multiplataforma.

Tecnoloxías

En ALIA traballamos cunha ampla variedade de tecnoloxías distintas, o que nos proporciona un repertorio moito máis extenso de posibilidades á hora de enfocar o desenvolvemento.

Tanto se se trata dun desenvolvemento web, unha aplicación de escritorio, un desenvolvemento para sistemas encaixados ou unha aplicación móbil, en ALIA contamos cos coñecementos e experiencia para afrontar o reto, utilizando sempre as tecnoloxías máis adecuadas para cada caso.

No proceso inicial de consultoría e análise definiremos o problema para escoller o tipo de desenvolvemento a realizar, así como as tecnoloxías máis adecuadas para levalo a cabo.

Destacadas

Python
J2SE / J2EE
PHP
C / C++
HTML5 / CSS3
Javascript / NodeJS / AngularJS
PostgreSQL / MySQL
MongoDB
PhoneGap / Cordova
QGIS / gvSIG

Experiencia para
desenvolver as túas ideas

Ti detallas as túas necesidades / ALIA desenvolve a solución

Razóns para investir
en Desenvolvemento de Software

Actualmente a implementación de tecnoloxía nas empresas deixou de ser un luxo. Non é nin sequera un investimento. De acordo coas condicións do mercado, hoxe en día trátase dunha necesidade primordial que permite a grandes e pequenas empresas evolucionar, para ser máis competitivas na contorna global.

O desenvolvemento de software especializado é un dos principais motores da competitividade na empresas. Dispoñer de máis e mellores sistemas de información repercute de forma crave en factores como a produtividade ou a ampliación de mercados, favorecendo o crecemento empresarial.

Pero non só para empresas...
O software é unha parte fundamental das nosas vidas, e está presente en practicamente todos os ámbitos. Por tanto, o desenvolvemento de software é unha faceta de vital importancia, e é necesario aplicar todo o esmero, o esforzo e os recursos necesarios para que os sistemas software producidos sexan fiables e consistentes.

ALIA TECHNOLOGIES LOGO Convertamos os teus proxectos en realidade Contacta connosco