Optional sidebar menu
Social media
Contact information
Address

5th Avenue, New York - United States

Email

hello@webpixels.ro

Phone

+10 724 1234 567

Sistemas de Información Xeográfica

Mapas / Xeorreferenciación / Xeolocalización

Se necesitas procesar información sensible ao contexto xeográfico, deseñamos e despregamos un sistema de información xeográfica para que poidas sacarlle o máximo proveito.

  •   gvSIG
  •   QGIS
  •   postGIS
  •   GeoServer
  •   Generic Mapping Tools
  •   LocalGIS
  •   SIG Móbiles
  •   Servidores Cartográficos
  •   Xeorreferenciación

Os sistemas de información xeográfica son un conxunto de ferramentas que integran e relacionan diversos compoñentes (usuarios, hardware, software, procesos) que permiten a organización, almacenamento, manipulación, análise e modelización de grandes cantidades de datos procedentes do mundo real que están vinculados a unha referencia espacial, facilitando a incorporación de aspectos sociais-culturais, económicos e ambientais que conducen á toma de decisións dunha maneira máis eficaz.

Os sistemas de información xeográfica son un conxunto de ferramentas que integran e relacionan diversos compoñentes (usuarios, hardware, software, procesos) que permiten a organización, almacenamento, manipulación, análise e modelización de grandes cantidades de datos procedentes do mundo real que están vinculados a unha referencia espacial, facilitando a incorporación de aspectos sociais-culturais, económicos e ambientais que conducen á toma de decisións dunha maneira máis eficaz.

Na actualidade os SIG están a ter unha forte implantación nos chamados Servizos Baseados na Localización ( LBS) debido ao abaratamento e masificación da tecnoloxía GPS integrada en dispositivos móbiles de consumo (teléfonos móbiles, PDAs, computadores portátiles). Os LBS permiten aos dispositivos móbiles con GPS mostrar a súa localización respecto a puntos de interese fixos (restaurantes, gasolineiras, caixeiros, hidrantes, etc. máis próximos), móbiles (amigos, fillos, autobuses, coches de policía) ou para transmitir a súa posición a un servidor central para a súa visualización ou outro tipo de tratamento.

Se necesitas integrar na túa empresa, para o teu modelo de negocio, un sistema GIS, ponche en contacto connosco. O noso departamento GIS é experto na análise e implantación dunha gran variedade de tecnoloxías para sacar o máximo partido ao procesamento deste tipo de información sensible ao contexto xeográfico.

As principais aplicacións dos SIG están orientadas á xestión de mapas, sobre os que realizar operacións de escalado, representación gráfica de información e almacenamento de datos espaciais fundamentalmente. A aplicación práctica permite realizar probas analíticas sobre eses conxuntos de datos, modelos conceptuais, análises temporais, análises espaciais ou modelos preditivos entre outros.

SIG pode proporcionar múltiples ferramentas de análises de datos xeorreferenciados en función do ámbito de dedicación da súa empresa. Xeorreferenciación de clientes e provedores para análises de roteiros óptimos de envío ou recollida, localización de subministracións, xeorreferenciación de explotacións agrícolas, forestais ou gandeiras ou análises estacionais de vendas xeorreferenciadas, son algúns dos campos de aplicación máis habituais dentro deste tipo de sistemas.

Dependendo do campo de aplicación, a visión proporcionada pola análise de datos realizado a través dun SIG pode achegar unha información moi relevante para o desenvolvemento empresarial.

ALIA TECHNOLOGIES LOGO Convertamos os teus proxectos en realidade Contacta connosco